XOGANDO AO ATLETISMO 2016

IMG_0978Foi o trinta de maio cando celebramos no parque do Carballiño a VIIIª proba de Xogando ao Atletismo. O nos Colexio participou nas dúas categorías, Benxamín e Alevín, e nos dous rematamos como terceiros clasificados. Houbo moitas probas tanto individuais como colectivas, nas imaxes vemos a dúas mestras do Colexio entregando os trofeos nas distintas categorías. As fotos pódense ver aquí

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

MINIBALONMÁN 2016

Este pasado mércores 20 de abril, celebramos no Pavillón Paco Chao a celebración da XI proba de Minibalonmán. Foi unha xornada moi bonita, e moi competida, gañou o Colexio do Irixo, pero tódolos colexios estiveron a un grande nivel. Aquí podedes ver fotos e tamén as clasificacións finais.

IMG_0287

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

ORIENTÁNDONOS

.

Xan Mariano Trigo, a punto de dar la salida en una de las categorías en competición en la cita escolar de O Carballiño

     O pasado 17 de marzo celebrouse no Parque do Carballiño a Final provincial de Orientación, na que participaron alumnos da nosa comarca, en concreto do IES nº 1, do CPI Antonio Faílde, do CPI Virxe da Saleta e tamén do CPR. Vila do Arenteiro. A súa participación foi moi meritoria e destacada. Noraboa  a tódolos participantes e en especial aos da zona do Carballiño.

Tedes máis información aquí. Tamén podedes consultar os resultados

Revista de prensa

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

XOGANDO AO BADMINTON

IMG_0099

images 2     Foi o 2 de marzo cando se celebrou a Final Zonal de Bádminton, nas isntalacións do IESnº 1 do Carballiño, na categoría Alevín tanto masculino como feminino. Estiveron moi reñidos tódolos partidos, ao final, o máis importante foi a xornada de convivencia entre nenos e nenas dos colexios participantes ( Amoeiro, Boborás, Calvo Sotelo, Irixo e Vila do Arenteiro). A comezos de abril celebrarase a final, na categoría Infantil e Cadete, tanto masculino como feminino.

Premendo aquí podedes ver as clasificacións.

 

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

FINAL ZONA DE CAMPO A TRAVÉS 2016

IMG_0221

 Este martes dous de febreiro, celebramos no Parque Natural do Puzo do Lago no Concello de Maside, a XVIª edición da carreira de Campo a Través, organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro, patrocinada pola Secretaría Xeral pra o Deporte e coa inestimable colaboración do Concello de Maside e tamén de tódolos mestres que dalgunha maneira colaboran na organización e bo desenvolvemento desta actividade. Máis de 700 inscritos, aínd que ao final solamente participaron 600 nenos e nenas da Comarca do Carballiño. Trece colexios de EP, CPI, IES e tamén dous CPR disputaron as distintas probas de clasificación pra o Campionato provincial que se disputará en Monterrei -Ourense o vindeiro 27 de febreiro.

Benxamín Feminino Benxamín Masculino Alevín Feminino Alevín Masculino Infantil Feminino Infantil Masculino Cadete Feminino Cadete Masculino

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

CROSS MASIDE 2015


DSC00630
     Este xoves 26 de novembro celebramos no Puzo do Lago ( Maside ) a 1ª probade Campo a Través deste curso 2015-2016. A participación foi impresionante, máis de 650 alumnos de 12 centros de EP, CPI e IES, tiveron unha xornada de convivencia na que non faltou de nada, incluso a choiva aínda que miuda fixo acto de presenza. nos seguintes enlaces poderedes ver a clasificación das distintas categorías. Si queredes acceder a ligazón das imaxes premede no botón que está debaixo .

images 2

ALEVÍN FEMININO ALEVÍN MASCULINO BENXAMÍN FEMININO BENXAMÍN MASCULINO CADETE FEMININO CADETE MASCULINO INFANTIL FEMININO INFANTIL MASCULINO

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

INICIAMOS ACTIVIDADE 2015-2016

DSC_0372

Como tódolos anos ao principio de curso, iniciamos a actividade do Deporte Escolar 2015-2016. Neste curso empezaremos xa o 26 de novembro, para adiantar a primeira proba de Campo a Través. Seguir lendo

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario